CRTVG

Buscar

O Pazo de Villarei, recoñecido como un dos mellores viños do mundo

Publicado o 13/03/2019 19:26

Premio Gran Bacchus de Ouro para este viño da denominación de orixe Rías Baixas, elaborado con uva albariña. 90 catadores situárono entre os 23 mellores do mundo. Cada ano prodúcense unhas 120.000 botellas.

Un Rías Baixas foi galardoado coa medalla do Gran Bacchus de Ouro. Os 90 catadores deste concurso internacional distíngueno así como un dos 23 mellores viños do mundo. O Pazo de Villarei foi seleccionado entre 1.650 viños de todo o mundo e é o único caldo galego con este premio. Nesta edición 2019 do premio das 23 medallas de ouro, 15 foron para viños españois.

O Pazo de Villarei pertence á denominación de orixe Rías Baixas e ten unha produción anual dunhas 120.000 botellas. As uvas, de caste albariña, proceden dos 8 hectáreas de terreo que ten a bodega entre as rías de Arousa e Pontevedra.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019