CRTVG

Buscar

Setenta colectivos mobilízanse para reclamar o pazo de Meirás "para o pobo e a memoria"

Publicado o 19/06/2021 14:44

Varios centos de persoas participaron esta mañá nunha marcha cívica a carón do pazo de Meirás para protexer os bens que se conservan no interior do inmoble.

Uns setenta colectivos esixiron que as administracións se poñan de acordo para evitar o espolio dos bens do pazo, un inmoble que reclamaron para o pobo e para a memoria dos represaliados no franquismo.

Nun principio os xardíns do pazo abrirán ao público a partir da vindeira fin de semana, logo de que a propiedade se lle restituíura ao Estado mediante unha sentenza xudicial despois de 82 anos de ocupación por parte de Francisco Franco e da súa familia.

Noticias web

19/06/2021