CRTVG

Buscar

O pazo de Meirás non poderá visitarse polo momento porque o seu estado é "preocupante"

Publicado o 15/12/2020 21:23

O pazo de Meirás non poderá visitarse polo momento. Así o dixo o secretario de Estado de Memoria Democrática. Foi na constitución da comisión técnica do pazo de Meirás que será a encargada de debater  sobre o uso que se lle dará ao inmoble. Ademais do Estado, integran a comisión a Xunta, os concellos de Sada e da Coruña e a Deputación.

O representante do Estado explicou que non se pode abrir ao público poque é preocupante a situación en que está o pazo. O conselleiro de Cultura propuxo que se poida visitar "polo menos o exterior".

"Atopamos o pazo nun estado realmente preocupante. Abrir o pazo nestes momentos é difícil porque está en moi malas condicións. Hai que aseguralo para dar garantías", afirma Fernando Martínez, secretario de Estado de Memoria Democrática.

"O pazo estivo pechado aos galegos durante moitos anos e temos que abrilo. Nós solicitamos abrilo o antes posible e fixamos unha data o 25 de xaneiro pero parece que no interior está en mal estado polo que propoñemos que abra o 25 de xaneiro, polo menos o espazo exterior, para non xerar unha frustración nos galegos que desexen visitar o recinto", di Román Rodríguez, conselleiro de Cultura.

Noticias web

15/12/2020