O pazo de Fonseca acolle unha exposición de Giovanni Piranesi
Publicado o 13/07/2021 20:50

O Pazo compostelán de Fonseca conta dende o martes cunha exposición do mestre italiano Giovani Piranesi. Son corenta augafortes e dezasete fotogravados, todos eles orixinais, que se poderán contemplar ata o 28 de agosto e nos que se recollen estampas da cidade de Roma. No acto inaugural, o Conselleiro de Cultura sinalou que a ruta xacobea, e en especial neste Ano Santo, brinda unha oportunidade única para reforzar as conexións culturais. Román Rodríguez agradeceu tamén o esforzo do Museo de Artes de Ribeira para recompilar as obras que agora se expoñen.