CRTVG

Buscar

O pavillón ourensán dos Remedios será acondicionado cun investimento de dous millóns

Publicado o 13/06/2019 16:39

O pavillón de deportes dos Remedios é unha infraestutura referente para a vida deportiva, social e cultural. Está situado na entrada principal da cidade de Ourense, nunha zona emblemática entre a ponte Romana e a ponte do Milenio. Vaise actuar por fóra mellorando a estética e tamén por dentro actuarase nos ximnasios, nas piscinas, nos espazos comúns, cun investimento de dous millóns de euros. Este complexo deportivo dos Remedios, foi inaugurado no ano 1969, e que ten un rexistro mensual de máis de 40.000 accesos. Unhas actuacións que se suman á mellora que desenvolveu a Secretaría Xeral para o Deporte na pista cuberta que converteu a instalación en referente do atletismo nacional.
 

Noticias web

13/06/2019