O patrimonio, a natureza, o encanto e a tranquilidade é o que atrae cada vez máis turistas aos lugares pequenos
Os lugares pequenos son unha opción cada vez máis en auxe á hora de facer turismo. O patrimonio cultural e natural que ofrecen, e a tranquilidade fronte ás grandes cidades son, sen dúbida, os principais motivos que levan a viaxeiros e visitantes a decantarse por esta alternativa.
O turismo en lugares pequenos presenta unha tendencia crecente nas preferencias dos viaxeiros. Municipios como Cambados ou Combarro contan con grandes atractivos turísticos e un inmenso patrimonio cultural, arquitectónico e natural. Precisamente iso é o que veñen buscando os visitantes fronte ao tradicional sol e praia.
Alternativas como o enoturismo, a gastronomía, as excursións, combinado todo coa tranquilidade e o ambiente familiar que se respira en pobos pequenos, fan desta unha proposta idónea para gozar dunhas vacacións diferentes.
Lugares con encanto, con historia e sen aglomeracións perfectos ademais para visitar todo o ano.