CRTVG

Buscar

O paso do furacán Ida polo sur e leste dos EUA deixa un gran rastro de destrución

Publicado o 07/09/2021 08:34
O paso do furacán Ida polo sur e leste dos EUA deixa un gran rastro de destrución

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, aprobou a declaración de desastre maior para varios condados de Nova Jersey e Nova York polos danos que ocasionou o furacán Ida. Hoxe visitará a zona.

O vento e a chuvia deixaron estragos en propiedades privadas e en infraestruturas públicas en varios estados, como en Luisiana.

Tras golpear o sur dos Estados Unidos como furacán, entrou como treboada o mércores no noreste do país onde ocasionou corenta e dúas vítimas mortais, moitas delas afogadas en apartamentos ilegais situados en sotos no distrito de Queens.

Noticias web

07/09/2021