CRTVG

Buscar

O pasaporte europeo de vacinación chegará no verán para facilitar as viaxes

Publicado o 25/02/2021 20:55

Non chegará ate o verán e será máis amplo. Non só un pasaporte de vacinación, tamén se en caso contrario viaxamos cunha PCR negativa ou se xa estamos inmunizados ante o virus.Converteríase case que nun carné de viaxes específico para esta pandemia.

Dende dentro do Consello Europeo transmítennos que hai un crecente apoio a esta idea. Pola que loitan España, Grecia, Italia e ata socios do note como Dinamarca e Suecia.

Deste primeiro día tamén sae unha esixencia á Comisión Europea para que endureza os controis das exportacións de vacinas ás farmacéuticas que non cumpran coas entregas. E un chamamento a manter as restricións, incluídas as viaxes non esenciais.

Noticias web

25/02/2021