CRTVG

Buscar

O pasado ano duplicouse o número de mortos a causa da gripe en Galicia

Publicado o 09/09/2018 14:52

251 galegos morreron o inverno pasado a causa da gripe, case o dobre do anterior.Para este ano non se agarda unha epidemia especialmente forte.Con todo, o Sergas recomenda a vacinación , sobre todo a maiores e persoas con factores de risco.

A última epidemia de gripe causou polo menos 251 mortes, o dobre do inverno anterior, sen contar os casos non detectados ou rexistrados. 

Jose Antonio Taboada, xefe do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles, fálanos de que a próxima epidemia de gripe non vai ser especialemnte virulenta. 

550 mil galegos vacinárose na campaña anterior. Maiores, persoas con factores de risco, colectivos ou coidadores son algúns dos sectores da poboación que máis precisan a vacinación. 

A campañá comeza a finais de outubro e ten un gasto que supera os dous millóns de euros. 

Noticias web

09/09/2018