CRTVG

Buscar

O Partido Socialista gaña as municipais en Portugal, pero perde o goberno de Lisboa

Publicado o 27/09/2021 08:44
O Partido Socialista gaña as municipais en Portugal, pero perde o goberno de Lisboa

En Portugal, o Partido Socialista gañou as eleccións municipais celebradas esta fin de semana, pero perdeu Lisboa, a capital do país.

Ningunha enquisa previa ás eleccións apuntaba esa derrota socialista en Lisboa. Ao peche das urnas xa se anunciaba un empate técnico. E xa de madugada, nun longa noite de tensión no Partido Socialista, desatouse a euforia no conservador Partido Socialdemócrata (PSD), líder da oposición.

O excomisario europeo, o tecnócrata Carlos Moedas, facíase co goberno da capital lusa por pouco máis de 2.000 votos -34,25 % fronte ao 33,3 %- tras unha xornada marcada pola abstención, que superou o 46 %.

Foi o de Lisboa un duro e inesperado golpe para o PS, que gañou as municipais en 2013 e 2017 -cunha marca do 38 % de votos- e que se mantén como a forza máis votada, aínda que perde Lisboa tras 14 anos de goberno e cae noutra praza crave, Coímbra.

A dereita avanza e consolídase -sobre todo, en centros urbanos- mentres que se esborralla o ultradereitista Chega.

Dun total de 308 municipios, os socialistas gobernarán en 149 -doce menos ca en 2017-; o PSD queda con 114, tras gañar 16 novas prazas; a coalición de esquerdas CDU -liderada polo Partido Comunista- retrocede e os independentes lideran 20 cámaras, entre elas a do Porto, onde Rui Moreira revalida a súa vitoria, pero sen maioría absoluta.

Noticias web

27/09/2021