CRTVG

Buscar

O Partido Popular reivindícase como o centrodereita español

Publicado o 11/05/2019 11:21

O PP suspendeu todos os actos de campaña previstos para a tarde e a noite do venres tras coñecerse a morte de Alfredo Pérez Rubalcaba. Antes, a candidata do Partido Popular ao parlamento europoeo, Dolors Monserrat, sinalou en Zaragoza que o Partido Popular é a formación que mellor representa os valores europeos.

A candidata do Partido Popular ás eleccións europeas Dolors Montserrat sinalou que a lista que representa é a do centrodereita español.

Referiuse a Vox como unha formación de moda pasaxeira, que non conta con cadros tan formados para defender España en Europa coma o Partido Popular.

Dolors Monserrat arremeteu desde un inicio do mitin en Madrid co xeito de xestionar do PSOE, unha formación que sempre, dixo, deixa a España en situacións económicas e financeiras críticas.

O que está ocorrer en Venezuela tamén foi motivo de reflexión para a candidata dos populares á Unión Europea. Cunha maior representación popular, os intereses da Venezuela real, non da de Maduro, sinalou, estarán defendidos na Unión.

Para a candidata popular, Vox é un partido novo, que está de moda, pero que non ten nin a experiencia nin a bagaxe dos populares en Europa.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019