CRTVG

Buscar

O Partido Popular pídelle a Pedro Sánchez que cese o seu vicepresidente segundo

Publicado o 07/10/2020 15:54

O Partido Popular esíxelle a Pedro Sánchez que cese de inmediato o seu vicepresidente segundo. Din que o líder de Podemos xa estaría imputado se non fose porque é aforado. Mentres, en Ciudadanos piden que Pablo Iglesias compareza de inmediato na comisión anticorrupción do Congreso, que preside Iñigo Errejón.

"Sánchez ten a obriga moral de deixar de protexer o seu socio de goberno, e de votar en favor das comisións de investigación", di Edmundo Bal, voceiro adxunto de Ciudadanos.

"Estamos ante feitos de especial gravidade, que esixen que o presidente do Goberno cese a Pablo Iglesias ou que el dimita. Estaría xa imputado se non fose polo aforamento", explica Enrique López, secretario de Xustiza e Interior do Partido Popular.

Noticias web

07/10/2020