CRTVG

Buscar

O Partido Popular pide que o Concello non contrate a Def Con Dos para o San Froilán

Publicado o 29/07/2019 16:14

O PP de Lugo volveu pedir no pleno de hoxe que non se contrate o grupo Def Con Dos para actuar nas festas do San Froilán. O voceiro popular, Ramón Carballo, di que o seu partido non se opón a que o grupo actúe en Lugo, pero considera unha falta de respecto que se utilicen cartos públicos para pagar un cantante, César Strawberry, que foi condenado por enaltecemento do terrorismo coa agravante de humillación ás vítimas.

"Nós non temos nada en contra de que Def Con Dos poida actuar en Lugo, pero non queremos que se pague con diñeiro público un grupo que ten un cantante condenado por enaltecemento do terrorismo", dixo Ramón Carballo.

Dende o BNG, responsable da organización do San Froilán, aseguran que a actuación vai ter lugar con cargo ao orzamento das festas e acusan o PP de radicalización.

"Posicionarse nas teses ultrarradicais de Vox e opoñerse a que un grupo de música poida tocar no San Froilán por uns chíos do seu cantante sobre Carrero Blanco. Iso pode pasar en Arabia Saudita ou Turquía, pero non non pasa nun país da UE", manifestou Rubén Arroxo. 

A actuación de Def Con Dos está prevista para a fin de semana grande do San Froilán.

Noticias web

29/07/2019