CRTVG

Buscar

O Partido Popular esixe explicacións a Sánchez sobre Ábalos antes de que llas pida un xuíz

Publicado o 20/02/2020 14:59

Novidades na polémica do encontro do ministro de Transportes coa número dous de Maduro, Delcy Rodríguez. Varios xornais publican detalles da xuntanza que nun principio negara José Luis Ábalos.

El Mundo di que o ministro de Interior preparou a chegada de Delcy Rodríguez a Baraxas 24 horas antes de que se producise.

La Razón asegura que Ábalos fai hoxe oficial o cesamento do seu xefe de seguridade tras saberse que hai unha declaración dun axente que estaba no aeroporto o día do encontro.

O Partido Popular pídelle explicacións ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Noticias web

20/02/2020