CRTVG

Buscar

O PP descarta absterse na investidura de Sánchez como suxería Díaz Ayuso

Publicado o 10/06/2019 16:34

Este martes comezan os contactos formais de Pedro Sánchez para a investidura e os partidos políticos reuniron este luns á mañá as súas direccións para estudar as estratexias. A Executiva do PSOE nomeou o equipo que buscará os apoios con Ábalos e Lastra como máximos responsables. 

Iglesias vai ser o primeiro en reunirse con Sánchez, mañá. O seu apoio pasa por entrar no Goberno á fronte dun ministerio social. 

Sánchez podería esquivar as condicións de Podemos se Ciudadanos se abstén, algo que de momento non contemplan.

No PP, a candidata madrileña Díaz Ayuso defendeu hoxe a abstención para evitar que Sánchez pacte cos independentistas pero a dirección do partido descártao.

Anunciou que hoxe manterán reunións a todos os niveis con Ciudadanos e Vox para avanzar nos pactos en comunidades e concellos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019