CRTVG

Buscar

O Partido Popular de Vigo critica os atrasos que provoca a ministra Batet na comisión do Marisquiño

Publicado o 26/01/2019 18:33

A líder do PP de Vigo, Elena Muñoz, acusou hoxe ao alcalde de Vigo de aceptar uns pésimos orzamentos estatais para a cidade, a cambio de que o goberno de España atrase a comparecencia de representantes municipais na comisión de investigación do Marisquiño que se está a desenvolver no Parlamento galego

O PP de Galicia vaille preguntar á ministra de Política Territorial, Meritxel Batet, no Congreso e no Senado, por qué solicitou o pasado 17 de xaneiro un informe ao Consello de Estado indagando se é obrigatoria a declaración dos políticos locais neste tipo de comisións.
 

Noticias web

26/01/2019