CRTVG

Buscar

O Partido Popular de Galicia pide a implicación do Goberno para o futuro da comarca de Ferrol

Publicado o 15/05/2021 13:32

O Partido Popular de Galicia pidelles  a todas as Administracións que se sumen ao pacto de estado por Ferrol que a Xunta lle remitiu ao executivo central.

Os populares queren que este pacto sexa ratificado canto antes. Convidan a Deputación e concellos a sumar forzas polo ben da comarca de Ferrolterra. O secretario xeral dos populares galegos pide, en especial, a implicación do Goberno Central. 

 

Noticias web

15/05/2021