O Partido Popular continúa coa recollida de sinaturas contra os indultos
Publicado o 07/06/2021 15:30

O Partido Popular continúa coa recollida de sinaturas contra esta medida. Faino a través de Internet, onde xa suma 26.000, e tamén de maneira presencial, con mesas en varias cidades españolas.
En Vigo estiveron esta mañá o deputado Diego Gago e mais os senadores Elena Muñoz e Javier Guerra. Os populares din que estas sinaturas representan o rexeitamento aos indultos, que consideran "un pago político para que Pedro Sánchez continúe na Moncloa".