O PP comprométese a crear un Ministerio de Familia fronte ao reto demográfico
O PP escolleu Santiago de Compostela para celebrar o mitin central deste primeiro domingo de campaña. Aquí Pablo Casado prometeu un Ministerio da Familia fronte ao reto demográfico. Alberto Núñez Feijóo defendeu que Casado é o presidente que máis lle convén a Galicia.
Nun xantar mitin no rural de Santiago, Pablo Casado anunciou que creará un Ministerio da Familia se é presidente. O candidato do PP dixo que queren levar ao Goberno de España iniciativas da Xunta de axuda á natalidade, como a Tarxeta Benvida. En materia económica comprometeuse a estar cos traballadores das industrias galegas.
Alberto Núñez Feijóo destacou que Casado visitou Galicia oito veces mentres que Pedro Sánchez non veu ningunha como presidente do Goberno. Feijóo, e antes Casado, lembraron que o PP foi fundado por un galego.