CRTVG

Buscar

O Partido Popular chama a "volver á casa" os que mudaron o seu voto nas xerais

Publicado o 05/05/2019 22:03

Os populares intensifican os seus actos preelectorais cinco días antes de que arranque oficialmente a campaña. En Vilalba, a vila natal do seu fundador e ante o busto de Manuel Fraga, os 67 candidatos populares ás alcaldías da provincia de Lugo fixeron a súa foto de familia e convidaron a "volver á casa os que mudaron o seu voto nas xerais".

O PP lugués aposta pola renovación, con 29 caras novas combinadas con 38 aspirantes que repiten.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019