O Partido Popular acusa a socialistas e nacionalistas de facer ecoloxismo de propaganda
Publicado o 05/06/2021 13:21
O Partido Popular acusa os socialistas e os nacionalistas de facer ecoloxismo de propaganda. Acusa o goberno de Sánchez de autorizar parques eólicos onde a lexislación galega xa non o permite. Miguel Tellado é especialmente crítico co BNG, o que acusa de ser cómplice de Sánchez tamén nesta materia.