CRTVG

Buscar

A xustiza absolve o Partido Popular pola destrución dos ordenadores de Bárcenas

Publicado o 04/09/2019 15:17

A xustiza absolve o Partido Popular pola destrución dos ordenadores de Bárcenas. Na sentenza, o xuíz di que non existen probas de que se cometese ningún delito.

O xulgado do penal de Madrid absolve o Partido Popular dun delito de danos informáticos por falta de probas. Remata así un proceso xudicial que sentou no banco dos acusados o partido pola destrución dos discos duros do seu ex-tesoureiro, Luis Bárcenas. Así se recolle na sentenza ditada este mércores polo xulgado do penal número 31 de Madrid. No xuízo, celebrado no mes de xuño, sentaron no banco dos acusados a xerente do partido, o asesor xurídico e o xefe informático.

O maxistrado tamén os absolve a eles dos delitos de dano informático e encubrimento. Segundo os argumentos do maxistrado, non quedou acreditado que no momento do borrado e destrución dos discos duros tiveran a intención de eliminalos. Tampouco hai probas de que tentaran dificultar a investigación xudicial. A sentenza avala así as teses da fiscalía, que tampouco vía delito.