CRTVG

Buscar

O partido demócrata impulsa a Biden para frear a Sanders

Publicado o 03/03/2020 09:02

Ás portas do supermartes, a maior votación das primarias nos Estados Unidos, en que se escollen case 1.400 delegados, o Partido Demócrata redobra a presión para evitar o triunfo de Bernie Sanders.

O vello senador, recoñecido socialdemócrata, é considerado demasiado escorado á esquerda por unha parte do partido. O aparato meteu presión para lograr que ata tres candidatos máis moderados retirasen a súa candidatura nas últimas horas para favorecer a Joe Biden. Pretenden así que o voto máis centrista se concentre no que fora vicepresidente con Obama.

Pero hai aínda un terceiro en liza. O multimillonario Michael Bloomberg estréase este supermartes tras unha campaña en que investiu 500 millóns de dólares.

Noticias web

03/03/2020