CRTVG

Buscar

O partido de Errejón propón traballar catro días á semana

Publicado o 11/10/2019 20:31

Carolina Bescansa defende a súa decisión de encabezar a candidatura de Más País pola provincia da Coruña. Evita polemizar con Gómez-Reino, quen onte cuestionou que cambiara de partido tras perder as primarias contra el para liderar Podemos Galicia.
Bescansa di que Más País é unha proposta contra a abstención e para facilitar un goberno progresista.

O seu partido presentou o programa de goberno para as eleccións xerais. Más País propón reducir a xornada laboral a 32 horas e realizala en só catro días. O partido que lidera Íñigo Errejón avoga por crear unha Vicepresidencia de Transicion Ecolóxica e por reducir os voos peninsulares onde exista unha alternativa competitiva en tren. Tamén propón que o dereito ao voto se poida exercer desde os 16 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019