CRTVG

Buscar

O Parrulo visita o Levante coa intención de asegurar a permanencia canto antes

Publicado o 27/03/2019 21:39

O Parrulo afronta este venres a primeira das catro citas que marcarán o seu futuro na primeira división do fútbol sala. A continuación chegarán o Peñíscola, Jaén Paraíso Interior e Elpozo Murcia. Citas que determinarán a continuidade en Primeira tras perder a semana pasada co Segovia na casa. O equipo que dirixe Diego Ríos ten 20 puntos na clasificación, tres por riba do descenso. Lembren que o ano pasado certificou a permanencia na penúltima xornada. 

Diego Ríos: "Temos que nos liberar de toda a presión ou ansiedade que poidamos ter. Estamos agora mesmo nunha situación complicada pero á vez é unha situación privilexiada para nós porque estamos diante dos nosos tres rivais que temos aí".

"Nesta situación en que estamos agora mesmo inmersos precisamos ser nós mesmos. Quitarnos, non sei se chamalo presión, chámao como queiras. Creo que temos que ser nós, se somos nós eu non teño preocupación ningunha de que imos saír adiante".

Noticias web

27/03/2019