CRTVG

Buscar

O Parrulo, sen capacidade de reacción diante do Valdepeñas (4-2)

Publicado o 17/02/2021 21:33

O Parrulo sumou unha nova derrota, desta volta na pista do Valdepeñas (4-2) e mantense na última posición da LNFS con 12 puntos, a cinco da permanencia. 

Unha saída fulgurante do Valdepeñas condicionou o partido. Aos sete minutos gañaba por dous a cero cos goles de Catela e Cainan. Antes de chegar ao descanso Álex García poñía o 3-0. 

Na segunda parte O Parrulo arriscou con porteiro-xogador e recortou diferenzas grazas ao capitán, Miguel Muñoz, pero pouco durou a alegría porque segundos máis tarde Valdepeñas anotaba o cuarto. O propio Miguel puxo o definitivo 4-2. 

Noticias web

17/02/2021