CRTVG

Buscar

O Parrulo segue afundido no fondo da clasificación logo da derrota diante do Betis (5-0)

Publicado o 21/03/2021 21:30

E na Primeira División de fútbol sala, o Parrulo segue afundido no último posto da clasificación. Perdeu por un contundente cinco a cero na pista do Betis que ao descanso xa gañaba por dous a cero logo dos goles de Elías e Ivi. O terceiro, marcado de novo por Elías, provocou que o Parrulo xogara á desesperada a recta final do choque. E, con porteiro xogador, apañou dous tantos máis desde moi lonxe.

Diego Burrito e o gardameta Sarmiento completaron unha goleada algo excesiva para un Parrulo que queda case sen opcións de permanencia na máxima categoría do fútbol sala.

Noticias web

21/03/2021