O Parrulo quere amarrar a permanencia ante o Valdepeñas
Publicado o 14/02/2019 19:02
E en fútbol-sala, o Parrulo vai xogar o sábado na Malata case que unha final ante o Valdepeñas. Os ferroláns teñen cinco puntos de vantaxe sobre o seu rival, así que unha vitoria este sábado suporía para o Parrulo dar un paso de xigante de cara a amarrar a permanencia. O club fai un chamamento aos afeccionados.