CRTVG

Buscar

O Parrulo perde unha oportunidade de ouro para achegarse á permanencia

Publicado o 16/02/2019 21:41

Na liga de fútbol sala O Parrulo perdeu unha gran oportunidade para certificar a permanencia.

Perdeu por dous a catro na Malata diante do Valdepeñas, equipo que vai xusto por detrás na clasificación. Malia comezar perdendo por cero a dous, soubo refacerse e conseguiu igualar o resultado cando quedaban doce minutos para o final do encontro con este gol de Isma. Pero no treito final encaixou dous goles que deixan o equipo ferrolán con dezasete puntos, seis por riba do descenso.

Noticias web

16/02/2019