CRTVG

Buscar

O Parrulo logra ante o Antequera (6-3) a primeira vitoria da temporada

Publicado o 18/11/2020 11:00

Tras oito partidoschegou a primeira vitoria do Parrulo.

Vitoria contundente ante o Antequera por 6 goles a 3, nun encontro en que destacaron Iago Rodríguez e Adri. Iago Rodríguez marcou os dous primeiros goles cando só se levaban disputados tres minutos de xogo. O Parrulo demostrou intensidade e soubo dominar as acometidas do rival. Miguel, Ique, Isma e Adri completaron a goleada. A pesar da vitoria, o Parrulo segue na zona baixa, pero agora a salvación sitúase a un só punto.

Noticias web

18/11/2020