CRTVG

Buscar

O Parrulo Ferrol e o Burela Pescados Rubén disputan o derbi máis galegos dos últimos anos

Publicado o 23/11/2019 13:36

O Parrulo Ferrol quere seguir defendendo o seu fortín da Malata ante un Burela Pescados Rubén que vai ao asalto do pabillón departamental. Chega o derbi galego, derbi inédito na primeira, entre dous equipos cun mesmo obxetivo inicial: a permanencia, pero con traxectorias opostas na liga.

"Estamos na metade da táboa pero tampouco nos fixamos agora mesmo na clasificación. Sabemos que temos que loitar todos os puntos", explicou Héctor Souto, adestrador do Parrulo Ferrol.

O Parrulo leva once puntos, sete sacounos na Malata, onde só gañou o Barça. Ao Burela Pescados Rubén estalle costando moito xogar fóra de Vista Alegre. Perdeu os cinco partidos que disputou.

"Hai que poñer en valor un equipo, o noso, con xente moi nova, que se está asentando na categoría. Xente nova que participou en primeira pero non tiña o rol de tirar do carro dun equipo", salientou o técnico do Burela Pescados Rubén, Juanma Marrube.

Os dous equipos misturan veteranos de calidade con novas promesas. É o derbi máis galego dos últimos anos, con maioría de xogadores da terra, con dous adestradores lugueses e coas cámaras da G2 en directo ás sete desta tarde.

Noticias web

23/11/2019