CRTVG

Buscar

O Parrulo empata en Murcia con sentada incluída

Publicado o 13/03/2021 17:54

Cunha sentada nada máis comezar o partido. Así escenificaron os xogadores do Parrulo a súa protesta pola proposta de sanción de catro partidos a Iago Rodríguez por criticar nun chío o protocolo anticovid. O xogador lucense respotou tamén sobre a pista, con dous goles. Fixo o 0-1 cun gran disparo e logrou o 2-3 culminando unha boa xogada de Thalles.


Os seus goles serviron para que o cabeiro sorprendese ao poderoso El Pozo na estrea de Maca como técnico ferrolán. Tivo mérito pois o Parrulo sobrepúxose a dúas remontadas murcianas, que fixeron tremer a súa minguada confianza.

O brasileiro Thalles e Kevin Chis lograron os outros tantos do Pârrulo. O definitivo, o 4-4, cando xa se entraba no último minuto de xogo, asegurou un inagardado botín.

Para Maca, o resultado supón "pouco a nivel clasificatorio pero moito no estado de ánimo"

Eso si, houbo susto ata o final. O último balón golpeou contra o poste. O empate demostra que o Parrulo aínda está moi vivo na loita pola permanencia.


 

Noticias web

13/03/2021