CRTVG

Buscar

O Parrulo empata a 2 na casa ante o Osasuna Magna

Publicado o 06/12/2019 21:16

E na liga nacional de fútbol sala, o Parrulo adiantou o seu partido á tarde deste venres. E a piques estivo de levar a vitoria diante dun Osasuna Magna que se adiantaba cunha das súas grandes especialidades, a estratexia. Aos 8 minutos de partido Roberto Martil facía o 0-1. Non tardou en reaccionar o cadro ferrolán. E fíxoo a través do seu mellor home. Hélder establecía o empate dun forte disparo dende 10 metros. E xusto antes do descanso, Iago Rodríguez dáballe a volta ao marcador rematando no segundo pau unha falta botada por Adri. Todo apuntaba a unha vitoria do Parrulo ata que a falta de 3 minutos, o Osasuna presionaba a Adri na saída do balón, roubáballo e Rafa Usín facía o definitivo empate a 2.



 

Noticias web

06/12/2019