CRTVG

Buscar

O Parrulo cae ante o Ribera Navarra e non xogará a final de Copa

Publicado o 15/01/2019 22:03

Finalmente non houbo fazaña. O Parrulo caeu ante o Ribera Navarra na Malata. Os navarros fanse cunha praza para a final a catro da Copa do Rei. Adiantáronse os de José Lucas Mena con este gol de David Pazos tras un rexeitamento dentro da área.

O segundo dos navarros chegaba tras o descanso. Ferrán Plana aproveita un roubo no centro da pista para culminar unha xogada moi rápida. Apenas un minuto despois, David Pazos sumaba o terceiro ao marcador. Gol por toda a escuadra dende o borde da área.

O 0-4 anotouno Tripodi cun remate ao segundo pau logo dunha rápida xogada ao recuperar o balón.
E o último gol para Ribera Navarra fíxoo Pedro cun disparo cruzado. Demasiado castigo para os ferroláns.

Noticias web

15/01/2019