CRTVG

Buscar

O Parrulo cae 2-3 na casa ante o Xaén

Publicado o 16/03/2021 21:33

Derrota do Parrulo esta tarde na Malata ante o Xaén. Abriu o marcador o cadro visitante, cun gol de Mancha, no minuto 19, tiro raso que non é quen de deter Víctor. E apenas dous minutos despois do descanso, Attos, ex do Parrulo, amplía a vantaxe para os andaluces. Non celebra o tanto.

O Xaén quedou momentaneamente cun home menos por expulsión de Antonio, superioridade que aproveitou o Parrulo para recurtar distancias cun gol de Iago Rodríguez. Pouco lle durou a ilusión polo empate porque axiña anotou o terceiro o Xaén. Gol de Carlitos de dobre penalti.

Os ferroláns aumentaron a presión e froito dela chegou o segundo para os locais. Kevin Chis, autor do tanto. Pero só quedaban dous minutos e non houbo tempo para a remonta. 

Noticias web

16/03/2021