O Parrulo arrisca e perde co Barcelona (0-2)
Publicado o 23/04/2021 21:20
Fútbol sala. Moi complicada ten a salvación o Parrulo de Ferrol, logo da derrota desta tarde ante o Barcelona na Malata. Unha derrota que chegou nos últimos 30 segundos do partido. Despois de aguantar o empate a cero durante 39 minutos, o Parrulo, ao que un só punto non lle valía, decidiu ir polo encontro co porteiro-xogador. E nos derradeiros trinta segundos o Barça anotou os dous goles que certificaron a derrota galega, obra de Ximbinha e Aicardo.