CRTVG

Buscar

O parricida de Oza recorre e o avogado pide a atenuante da diminución do dano

Publicado o 22/01/2019 18:58

Marcos Mirás volveu sentar no banco dos acusados. Desta volta fíxoo no Tribubal Superior de Xustiza de Galicia para asistir á vista de apelación. En outubro do ano pasado foi sentenciado como autor dun delito de asasinato con aleivosía, agravado porque a vítima, seu fillo, era menor de 16 anos , concorrendo as agravantes de parentesco e de xénero, en concurso medial cun delito de lesións psíquicas á súa ex-muller. De acordo co veredicto do xurado popular, condeárono a prisión permanente revisable. O seu avogado, non conforme coa pena, recorreu a sentenza e mantén a solicitude da eximente incompleta.

Ignacio Espinosa, avogado da defensa: "Seguimos mantendo que si non existíu unha anulación, si existíu unha limitación en canto á súa vontade. Solicítase tamén unha atenuante que xurdíu a raíz do procedemento que é a da disminución do dano. Seguimos mantendo que é importantísimo o feito de que Marcos levase a policía ata onde estaba o cadáver do neno, un lugar onde é probable que o corpo non se atopase nunca".

Pola súa banda, as acusacións manteñen que os feitos, que se produciron o Día da Nai do 20217, cando o home tiña ao pequeno polo réxime de visitas establecido entre a parella trala súa separación en 2009, están probados.
Agora terá que pronunciarse o alto tribunal galego.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019