CRTVG

Buscar

O Parque Nacional Illas Atlánticas entre as zonas húmidas máis importantes do mundo

Publicado o 26/04/2021 14:36

O Parque Nacional das Illas Atlánticas é xa unha das 2.000 zonas húmidas máis importantes do mundo. Entra a formar parte da lista Ramsar, un novo recoñecemento á súa excepcionalidade ambiental e paisaxística.

"Galicia pode presumir do seu patrimonio natural e no caso do Parque de ser o único coas seis figuras máximas de protección", explica Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.

Formado polas illas Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora neste espazo natural cohabitan máis de 1.400 organismos diferentes de fauna e flora. O novo rexistro valora tamén a súa espectacularidade paisaxística e destaca a súa extensa rede de furnas mariñas.

"Pola gran variedade de hábitats que están ligados ao espazo da ribeira, zonas de pouca profundidade arredor do arquipélago", Ignacio Munilla, biólogo do Parque Nacional Illas Atlánticas.

A proposta solicitada pola Xunta foi ratificada polo Consello de Ministros a través de Transición Ecolóxica. Galicia, con seis espazos, e a terceira comunidade con máis zonas humidas neste rexistro.

Noticias web

26/04/2021