CRTVG

Buscar

A Revista FDS

O Parque Nacional das Illas Atlánticas dá o primeiro paso no proceso para ser declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO

Publicado o 07/10/2017 12:54




O Parque Nacional das Illas Atlánticas dá o primeiro paso no proceso para ser declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO. O Ministerio de Cultura anunciou a inclusión das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada no catálogo do que cada ano extrae a candidatura a Patrimonio Mundial.

As Illas Atlánticas están máis preto de acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade. O primeiro paso xa está dado, e é o que veñen de conseguir, entrar na lista indicativa do ministerio de Cultura, o que asegura varios anos de inspeccións e exames por parte de expertos de todo o mundo. Segundo o conselleiro de Cultura, que fixo o anuncio, as Cíes e os outros tres arquipélagos, Ons, Sálvora e Cortegada, que integran o Parque Nacional, están xa nun camiño sen retorno.

O vindeiro mes de marzo a Unesco recibirá a lista indicativa española e, un ano despois, os técnicos de Nacións Unidas e doutros organismos internacionais colaboradores comezarán a facer visitas ao arquipélago para elaborar os informes preceptivos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

07/10/2017