CRTVG

Buscar

A parada do turismo obriga a buscar cambios no modelo de aloxamento

Publicado o 13/05/2020 15:50

Ausencia de espazos pechados comúns, posibilidade de dispor dunha casa enteira con todos os servizos, desfrutar de actividades agrogandeiras e ao aire libre ou descansar en sitios onde non chegou o coronavirus. Son as vantaxes que ofrece o turismo rural e que cren que lles permitirá gañar clientes cando se permita a libre circulación. Mesmo consideran que poden conseguir estadías moito máis longas do habitual ou que as casas rurais se convertan nunha especie de segundas residencias ou ata lugares de teletraballo.

"Nós sempre pensamos en estadías longas e tivemos clientes que estiveron tres ou catro meses. Esa é unha boa opción".

O illamento rural coa conseguinte ausencia de aglomeracións, así como a posibilidade de estar en contacto coa natureza logo do confinamento, son outras vantaxes. Por contra, os servizos de habitacións e apartamentos nas grandes cidades ou nas zonas costeiras seguen coas reservas paralizadas e non se albisca unha remonta a curto prazo. A principal plataforma deste tipo de servizos xa tivo que despedir o 25% dos seus empregados.

Noticias web

13/05/2020