CRTVG

Buscar

O paro en Galicia sobe en 8.252 persoas en marzo

Publicado o 02/04/2020 09:24
O paro en Galicia sobe en 8.252 persoas en marzo

O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego subiu en Galicia en marzo -un mes marcado polo decreto de alarma polo coronavirus desde o día 14- en 8.252 persoas, un 6,96 %, ata 174.481 parados, segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Con iso, rompe a tendencia de descensos interanuais, pois este dato elevouse en 3.640 persoas en relación a marzo de 2019, un 2,13 %.