CRTVG

Buscar

O paro baixa en máis de 26.000 persoas en setembro

Publicado o 02/10/2020 17:42

A recuperación do mercado laboral continúa a pesar das repuntas do virus. Setembro deixa un descenso histórico do paro: en 26.300 persoas, son seis décimas, ata os 3.776.00 desempregados.

Aínda que non sen contan os traballadores que estean en ERTE, outros 700.000.

En canto ás afiliacións, creáronse 84.000 empregos, sobre todo polos contratos en educación. 

Por comunidades, o paro baixou en 13. En Galicia en 377 persoas, un 0,2%. É menos que a medida estatal. Hai 176.500 parados.

E a Seguridade Social perdeu case mil afiliados, despois do incremento de agosto.

Hai máis desempregados que hai un ano. En Galicia un 12% máis, e no conxunto de España subiron case o dobre, un 22%.

Noticias web

02/10/2020