O Parlamento autorizará este martes o teito de gasto entre críticas da oposición
Publicado o 02/08/2021 15:04
Mañá vaise votar no Parlamento o teito de gasto de Galicia para 2021. Un límite fixado en máis de 11.500 millóns de euros. Os populares recordan que a suba débese, en parte, aos cartos do IVE que a Xunta reclamou ao Goberno central.
Os socialistas din que os orzamentos crecen grazas ás achegas do Executivo de Pedro Sánchez. Para o BNG, o límite para gastar debería ser maior.