CRTVG

Buscar

O Parlamento vasco constitúese con polémica

Publicado o 03/08/2020 15:39

Esta mañá constituíuse o Parlamento vasco, e fíxoo con polémica. A coalición do PP e Ciudadanos pediu, antes de comezar o pleno, que os deputados tomasen posesión do seu escano acatando a Constitución. Así se establece na Lei de réxime electoral xeral.

A Mesa rexeitou esta petición porque non había precedentes e porque sempre o fan cun simple chamamento. Ao rematar a sesión, Vox presentou un escrito en que pide a anulación deste pleno.

O órgano reitor da Cámara volverá estar en mans do PNV, co apoio dos socialistas. É a mesma alianza que se pode dar nos próximos días para a constitución do Goberno vasco.

Noticias web

03/08/2020