CRTVG

Buscar

O Parlamento retoma a comisión de investigación sobre a fusión das caixas galegas

Publicado o 14/10/2020 10:29
O Parlamento retoma a comisión de investigación sobre a fusión das caixas galegas

O Parlamento galego reactivará a comisión de investigación da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, aberta por primeira vez hai oito anos.

Tanto o Partido Popular como o BNG incluíron na orde do día do próximo pleno peticións concretas sobre este asunto. Mesmo negocian co PSdeG un acordo para abrir este órgano de investigación co consenso de todas as forzas.

A idea é aproveitar os traballos xa realizados, que remataron sen un ditame da cámara.