CRTVG

Buscar

O Parlamento pídelle ao goberno central que retire a modificación da lei de costas

Publicado o 30/04/2019 19:29

O Parlamento de Galicia pídelle ao goberno central que retire a modificación do regulamento da lei de costas.
O PPdeG, grupo autor da proposta, asegura que se trata dunha manobra para dar amparo legal á decisión do goberno de allanarse nos procedementos abertos en relación á prórroga de Ence, que pon en perigo as empresas que traballan no dominio público marítimo terrestre.
O PSdeG votou en contra deste punto tras defender a necesidade de adecuar o regulamento pero apoiaron a realización dun informe sobre as concesións que se verían afectadas e a apertura dun novo periodo de alegacións. O BNG e En Marea apoiaron este último punto e abstivéronse nos outros dous.


 

Noticias web

30/04/2019