CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Parlamento pide unha compensación para os portos galegos tras a condonación da débeda do porto de Valencia

Publicado o 12/09/2018 14:59

No Parlamento de Galicia aprobáronse senllas iniciativas do PPdeG e de En Marea esixindo igualdade de trato para os portos galegos despois de que o Goberno central condonara a débeda da autoridade portuaria de Valencia.

A proposta dos populares demandaba unha condonación semellante para os peiraos galegos ou unha compensación económica. A de En Marea, que se aprobou por unanimidade, solicitaba a maiores a revisión dos convenios e protocolos de colaboración entre o Estado, a Xunta e o concello da Coruña para a definición dun novo horizonte litoral para a cidade, baseado na titularidade e xestión pública dos terreos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí