CRTVG

Buscar

O Parlamento pide que a base de Salvamento da Costa da Morte estea activa todo o ano

Publicado o 03/05/2019 15:24
O Parlamento pide que a base de Salvamento da Costa da Morte estea activa todo o ano

Todos os grupos do Parlamento galego pediron hoxe un reforzo dos medios de Salvamento Marítimo na Costa da Morte. Solicitan que a Xunta se poña en contacto co Ministerio de Fomento para que esa base estea operativa as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Os grupos recordan que polo corredor de Fisterra pasan cada ano uns 40.000 buques, moitos deles con mercadorías perigosas. Ademais, centos de barcos saen faenar e precisan protección.

Noticias web

03/05/2019