O Parlamento galego pídelle ao Goberno central unha rebaixa nos impostos das máscaras e os hidroxeles
Publicado o 07/10/2020 17:22

O Parlamento de Galicia pediulle ao Goberno central unha rebaixa nos impostos que se pagan nas máscaras e os hidroxeles.
A proposta foi do PPdeG. Queren que o IVE pase do 21% ao 10 ou o 4, porque a covid é un problema de saúde pública e, segundo lembran, o uso destes produtos é obrigatorio.
O PSdeG abstívose nesta votación. Os socialistas galegos consideran que o foro adecuado para este debate é o Congreso dos Deputados. Tamén din que a rebaixa non sería legal se non se produce unha modificación da directiva europea.