CRTVG

Buscar

O Parlamento Europeo ratifica o acordo do 'brexit'

Publicado o 29/01/2020 21:30

Con 621 votos a favor, 49 en contra e 13 abstencións, o Parlamento Europeo aprobou ese acordo de retirada, que como explicaba o relator non é votar a favor do Brexit, que a maioría lamenta, senón de que se faga de xeito ordenado.

Durante as intervencións no debate numerosos eurodeputados apostaron porque esta non sexa unha saída sen retorno, senón que algún día o Reino Unido volva á Unión Europea.

Houbo mesmo bágoas dalgún membro británico que abandona agora a institución e despois da votación unha canción escocesa de despedida nun pleno moi concorrido.

O principal negociador europeo do 'brexit' apostou por traballar agora para dar garantías xurídicas e aplicar o acordo de retirada en todas as súas facetas. Quedan por diante once meses de intenso traballo.

Noticias web

29/01/2020